A ARTE DE NARRAR NO ENSINO DO DEREITO PENAL: OS RELATOS COMO ESTRATEXIA PEDAGÓXICA1
Open Access
- 27 March 2026
- journal article
- Published by Universidad de Santiago de Compostela in Dereito: Revista Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela
- Vol. 34, 1-11
Abstract
O ensino do Dereito penal enfronta o desafío de transmitir contidos complexos e altamente abstractos sen perder de vista a súa dimensión humana e social. Neste contexto, o uso de narrativas pedagóxicas preséntase como unha estratexia capaz de facilitar a comprensión de conceptos xurídicos, fomentar unha aprendizaxe significativa e promover o pensamento crítico do alumnado. Este traballo analiza o potencial da narración de historias como ferramenta didáctica na docencia universitaria do Dereito penal, prestando especial atención a casos de actualidade e a formatos dixitais, como podcasts educativos integrados en campus virtuais. A partir dunha experiencia centrada na análise do art. 197.7 CP, relativo á difusión non consentida de imaxes íntimas, examínanse as posibilidades desta metodoloxía para promover unha aprendizaxe activa, interdisciplinar e socialmente comprometido.Keywords
This publication has 3 references indexed in Scilit:
- Lex in comicis: el Derecho explicado en viñetas2026
- Storytelling y problematización jurídica en la enseñanza del Derecho RomanoRIDROM. Revista Internacional de Derecho Romano, 2024
- La enseñanza del Derecho a través de la técnica del storytellingDOCENCIA Y DERECHO, 2023