FACER FALAR A ESPAZOS MUDOS: METODOLOXÍA ARQUEOLÓXICA PARA O ESTUDO DO CASO DO CASTELO DO FARO (COVELO, PONTEVEDRA)
Open Access
- 8 March 2023
- journal article
- research article
- Published by Universidad de Santiago de Compostela in Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades
- No. 34
Abstract
Este traballo presenta os resultados preliminares da intervención arqueolóxica desenvolvida en 2022 no Castelo do Faro, o xacemento arqueolóxico situado a maior altitude da provincia de Pontevedra (1148 m s.n.m.). Este recinto fortificado non se caracteriza pola monumentalidade das súas estruturas arqueolóxicas ou pola abundancia de cultura material, factores que dificultan o seu encadre cronolóxico e que en boa medida se relacionan coa escasa potencia estratigráfica que adoitan presentar os cumios das montañas. Tal feito obriga ao desenvolvemento de metodoloxías que combinen diversas técnicas e ferramentas co fin de optimizar a obtención de información arqueolóxica relevante. Así, no marco deste proxecto explorouse o potencial e limitacións de varios métodos de teledetección e prospección xeofísica conxuntamente con aproximacións máis estendidas na disciplina, como as prospeccións artefactuais e por metalodetección, a escavación de sondaxes exploratorias ou a toma de mostras para datación absoluta por métodos físico-químicos (14C e OSL). A correcta adscrición crono-funcional deste sitio resulta relevante para avanzar no coñecemento das paisaxes arqueolóxicas de alta montaña en Galicia.Keywords
This publication has 25 references indexed in Scilit:
- The history and archaeology of temporary medieval camps: a possible example in WalesLandscape History, 2019
- Metal Detection, An Essential Remote Sensing Approach for Historical ArchaeologistsReviews in Colorado Archaeology, 2019
- Landscape applications of photogrammetry using unmanned aerial vehiclesJournal of Archaeological Science: Reports, 2018
- Google Earth as a Powerful Tool for Archaeological and Cultural Heritage Applications: A ReviewRemote Sensing, 2018
- Hallazgos arqueológicos recientes para el estudio de la presencia militar romana en el oriente gallegoGallaecia: revista de arqueoloxía e antigüidade, 2017
- Archaeological methodology applied to the analysis of battlefields and military camps of the Second Punic War: BaeculaQuaternary International, 2017
- Digital Methods and Remote Sensing in Archaeology2016
- Skin Deep: LiDAR and Good Practice of Landscape Archaeology2013
- Good Practice in Archaeological Diagnostics2013
- The laws of archaeological stratigraphyWorld Archaeology, 1979